O PP de Pontedeume vota en contra da iniciativa conxunta do BNG e PSOE para rebaixar soldos e dietas

O PP de Pontedeume vota en contra da iniciativa conxunta do BNG e PSOE para rebaixar soldos e dietas

 

 

Reducir a 36.000 euros o soldo do alcalde eumés, Gabriel Torrente, ou rebaixar as dietas que a día de hoxe cobran os políticos por asistencias a plenos e comisións eran algunhas das propostas que tanto BNG coma PSOE propuxeron no día de hoxe, nunha iniciativa que presentamos de maneira conxunta. O asunto tramitouse nunha sesión plenaria que se xustifica en base á Lei Reguladora das Bases de Réximen Local.

Se o PP tivera aprobado a proposta que se plantexaba , ademáis de  reducir sustancialmente a nómina do alcalde, rebaixaría a 22.000 euros a retribución bruta anual que percibe o concelleiro de Medio Ambente, Javier Crespo, e deixaría sen efecto a dedicación parcial que agora cobra a edil de Turismo, Carmen Piñeiro.  Tambén considerábamos necesario pasar de 150 a 100 euros as dietas por asistencia aos plenos e de 150 a 70 as que perciben os membros da Xunta de Goberno, así como as que se dan por asistir ás comisións informativas. Por outra parte,  nesta iniciativa rechazada polo PP, demandábamos un programa de solidaridade para que as familias con menos recursos deixasen de pagar os servizos municipais.