Pleno ordinario do mes de marzo

Pleno ordinario do mes de marzo

O pasado mércores 28 de marzo celebrouse o pleno mensual do concello de Pontedeume.

O máis destacábel do pleno foi:

1.-Aprobación da moción apresentada polo BNG SOBRE A RECUPERACIÓN DOS DEREITOS E DO EMPREGO NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA.

( Apróbase co voto en contra do PP)

Este punto segue de actualidade ( por desgraza) xa que aínda a día de hoxe é un conflito sen resolver.

2.-EXPEDIENTE DE RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO F/2018/2.

BNG:CONTRA.

Visto informe de intervención que contempla reparo é tramitación das facturas que incumpren preceptos sinalados e a nota de advertencia recollida no NOTA DA SECRETARIA XERAL nas que se fai referencia aos principios rectores de contratación pública.

.- Facturación de Permuy ( 72968,95€), fraccionamento de contrato e outros ( GUAGUA, TALLERES SALORIO, AGRIC CARBALLEIRA, GALILANDIA…

.- Facturas sen descrición. .- Gastos protocolo. .- Facturas de FESAN.

.- Pagos en locais non municipais…..

Conscientes de que o pago das facturas ten que facerse e polo tanto este tipo de recoñecemento debe levarse a cabo. Cremos que os informes citados explican claramente as múltiples irregularidades atopadas.

No relativo aos contratos levamos dende o inicio da lexislatura, por non contar o tempo no que o PSOE estaba na oposición e tamén o solicitaba pedindo regularización. Xa non podemos seguir aceptando o argumento de “ FACEMOS O QUE PODEMOS” Queremos realidades e non seguir arrastrando esta situación

3.-APROBACIÓN DO LÍMITE DE GASTO NON FINANCIERO, DO ORZAMENTO MUNICIPAL E DO CADRO DE PERSOAL DO CONCELLO DE PONTEDEUME PARA O EXERCICIO DE 2018.

BNG.:CONTRA

Xa no 2017: fixemos unha abstención crítica.

Debemos facer dúas partes neste punto: Forma e o fondo.

FORMAS

1º.- Os orzamentos deberían presentarse antes do 15 de outubro.

Prorrogáronse os do 2017 disque agardando unha nova RPT e agora preséntanse sen ela.

.- Pedimos a súa presentación en varios plenos e solicitamos coñecelos con tempo e q non ocorrese o do ano anterior.

Segundo os escritos : Actos de goberno máis trascendentais. As técnicas din: Tendo en conta o escaso tempo….

.-A primerios de marzo (07-03-18) o BNG presenta no rexistro unha Proposta aos Orzamentos de 40 puntos.

O grupo de goberno en ningún momento se puxo en contacto cos outros grupos

.- Envíasenos documentación o 22-03 á tarde para as reunión das comisións o 23 ás 9.40h e as 9.45h. Non temos dedicación exclusiva. Unhas horas para revisalos.

.- Nas Comisións non se puideron facer moitas aclaracións por este motivo.

.- Logo das comisión iníciase, pola miña parte, Unha “ peregrinaxe” para coñecer estes orzamentos. Nesta “ peregrinaxe “ fun atendida por técnicos e políticos.

.- Seguen sen ser participativos. Continúan a pensar que ser participativos e facer un sorteo de parroquias.

FONDO

Non vemos variación en canto ás partidas orzamentarias. É difícil facer comparacións nalgúns programas pois houbo algúns nos que se retiraron conceptos e estes foron parar a outros. Isto é debido a cuestión técnicas de interpretación económica.

Hai unha lixeira suba de ingresos no cap 1 e 3 ( Impostos directos e taxas) queremos pensar que por incremento de pagadores.

Mais no cap 2 ( impostos indirectos en obras IVE…) obsérvase unha baixada significativa de 246.000 a 133.737,12 Euros

É, en xeral,

continuista Repite xa que recolle de novo una listaxe de intencións contidas no do 2017 e que se repiten para facer neste 2018.

.- contratación da iluminación pública. e outros xa indicados no informe de intervención

.- regularizar o contrato con Viaqua, da piscina…

Incumprimento:

.- DE ordenanzas por elaborar ou resvisar según o plan normativo do 2018 que é copia do incumprido no 2017 ( ordenanza fiscal 14, 20, 22.., de caixeiros automáticos, do cemiterio municipal.

SERVIZOS PÚBLICOS

Este goberno non ten una política de servizos públicos municipalizados e aboga pola externalización de servizos. Segue cunha folla de ruta externalizadora.

Na memoria explicativa do orzamento segue a falarse de licitación de servizos

CADRO DE PERSOAL

No Orzamento deste ano 2018 contamos con dous informes técnicos no tocante ao cadro de persoal deste concello.

O informe xurídico expresa dun xeito bastante meticuloso a situación de persoal funcionarioe e laboral fixo. Sinalando adxcricións a postos de traballo “sin estar suxeitas ao procedemento legal establecido” en situación de fraude de lei

Explicando o rexime xurídico da oferta de emprego público e os sistemas de provisión dos postos de traballo.analiza a situación real deste concello e observa ilegalidades manifiestas e graves incumprimentos legais “ que se perpetuaron no tempo con absoluta inacción”.pois “non se levaron a cabo procesos selectivos.

Esta situación pode supor graves prexuicios para o interese público local.

O informe de Intervención tamén apunta a consecuencias para as arcas públicas.

É de vital importancia coñecer este informe e preguntámonos porque non estaba feito anteriormente. Nesta lexislatura houbo xa dous orzamentos.

Ante este cumulo de despropósitos non nos quedou outra opción que votar en contra.

No apartado de rogos e preguntas estes foron os temas polos que se interesou o noso grupo municipal:

ROGOS

1.-PINTADO DO PASO DE PEÓNS.

O paso de peóns contiguo á gasolineira é usado cada día por gran número de persoas, sobre todo rapaces/as. O seu deterioro é moi grande.

SOLICITAMOS: pintado coa maior brevidade.

2.-TERREO VECIÑO Á PISCINA.

Este terreo utilízase como lugar de recollida de refugallos e outros materiais, algúns deles poden entrañar perigo sobre todo para nenos/as.

Mantense aberto cara ao paseo marítimo permitindo a libre circulación polo mesmo.

ROGAMOS se faga efectivo o seu peche para evitar situacións de perigo.

3.- EXCESO DE VELOCIDADE DOS VEHÍCULOS NO PEIRAO.

O peirao é unha zona de gran afluencia de persoas, tendo en conta que é camiño do CEIP Couceiro Freijomil, do pavillón da Casqueira…

A velocidade de vehículos é, en moitas ocasións, excesiva.

PREGAMOS o control desta situación, colocación de sinais ou outras medidas que solucionen este feito.

4.- SEGURIDADE NA ESTRADA DE CENTROÑA.

É fundamental velar pola seguridade da cidadanía. Na estrada de Centroña hai dous puntos de vital importancia:

Parada de autobuses na Ría. Utilizada sobre todo no transporte escolar. É unha zona que ten unha pista deportiva.

Zona de Vizús. É un núcleo dividido pola estrada.

SOLICITAMOS colocación de pasos de peóns que faciliten o cruce desta estrada.

5.- LIMPEZA DO REGATO E INMEDIACIÓNS NA ZONA DE GOIBE.

Nesta zona hai un regato que ten depositados refugallos que impiden o curso da auga.

Existe, ademais unha finca na que o acumulación de diversos materiais de refugallo son visibeis.

PREGAMOS se leven a cabo labores de control e limpeza.

6.- TÚNEL CARA Á IGREXA DE CENTROÑA.

A zona do túnel cara á igrexa de Centroña anégase constantemente xa que a auga que debe correr polas beiras non o fai, por non contar con canais polos que circular.

PREGAMOS dean solución a este problema.

7.- CONTROL DAS SAÍDAS DE PLUVIAIS.

En diversos lugares do concello ( Empedrado, Lonxas, Esteiro, Porto …) os viandantes sofren as molestias, nos días de choiva, de ter que andar por lugares onde a saídas de pluviais van directamente á rúa. A escape libre!!

ROGAMOS fagan un control desta situación e leven a cabo as actuacións oportunas para solucionalo.

8.- LIMPEZA PEDRIDAS-BREAMO.

A maleza nesta zona está en avance.

SOLICITAMOS limpeza da mesma.

9.-ESTACIÓN DO TREN.

En múltiples ocasións trouxemos a este pleno a situación de deterioro desta estación e das súas inmediacións.

Somos sabedores que algunhas non son competencia directa do concello mais dende este hai que promover as xestións que o fagan posible.

O apeadoiro conta con dúas vías e os usuarios carecen da información para saber cal é a que deben utilizar en cada momento.

PREGAMOS leven a cabo, coa maior urxencia, as xestións precisas para sinalización axeitada nesta estación tendo en conta a chegada do turismo.

10.- REPARACIÓN DE VIALES NA ZONA DE CENTROÑA.

En diversos puntos desta parroquia podemos atopar camiños e estradas en situación deplorable e perigosa. Nalgún caso hai escorregamentos do terreo.

Hai xa tempo sinalizáronse, por parte de protección civíl, diversos puntos perigosos.

Zona Castrelo-S.Bollo, Fonte Cobelo, Cabana, Benaval-Portiño…

ROGAMOS acondicionamento e reparación destes viais coa maior urxencia.

 PREGUNTAS  

1.- PLAN NORMATIVO MUNICIPAL 2018.

Neste Plan Normativo aprobado no pleno de decembro do 2017 establécese unha programación temporal.

Que hai feito neste primeiro trimestre?

Hai unha persoa revisando diferentes ordenanzas.

2.- ESCOLA INFANTIL.

Nos orzamentos do 2018 hai presupostados 248.560,00 para esta obra.

Cal é a situación actual desta actuación?

Está sen licitar polo Consorcio.

Cal será a programación temporal da mesma?

Non se sabe. Dependerá do Consorcio.

3.- CARTELERÍA OBSOLETA.

En diversos puntos do concello hai carteis informativos caducados, como ocorre no inicio do paseo marítimo na zona do Covés.

Cando serán retirados?

En breve

4.- ACCIÓN 57. PROMOVER A PLANTACIÓN DE CERDEIRAS.

O ano pasado pasouse o tempo de poder facer efectiva esta acción. Contestouse á pregunta deste grupo municipal dicindo que había tempo antes do remate da lexislatura. Actualmente é posible facelo.

Vaise proceder ao cumprimento desta acción neste ano 2018?

É a nosa intención.

5.- LOCAL DO “CASINO”.

No pleno de abril do 2016 e posteriormente no pleno de xuño do 2017 fixemos esta mesma pregunta.

En que situación están as xestións para que ese local sexa municipal?

Depende da Xunta e do Ministerio.

Non hai novidades.

Está falado coa Xunta que será a encargada de facer unha tasación.

Agardan poder ter unha reunión para o mes vindeiro co Ministerio.

6.- CONTRATO DA PISCINA E DO SERVIZO DE AUGA.

Dende o inicio da lexislatura o grupo de goberno era coñecedor do prazo de remate para decembro do 2017.

Neste ‘pleno acórdase a continuidade das empresas grazas ao voto de calidade do alcalde.

En que punto de actuación están estes contratos?

Da piscina está rematándose. Falta documentación. Informe da instalación para coñecer se hai que realizar obras de mellora.

De augas ( VIAQUA) Están facendo unha auditoría. Farase tendo en conta que acaba de aprobarse unha nova lei de contratación.

7.- ESCOLA DE BOEBRE.

Coa gran necesidade de locais municipais para diversas actuacións.

Cal é neste momento a situación deste local municipal?

Está concedida a desafectación.

Hai que retirar os materiais escolares.

Teñen pensado darlle uso para entidades.

8.- ACCIÓN 66: IMPULSAR E RECUPERAR ACTIVIDADES:

Día da árbore.

Aínda que a data de celebración oficial é o 21 de marzo, sabemos que esta celebración pode facerse noutros meses.

Teñen organizada esta actividade para este ano 2018?

Queren contactar con algunha asociación e facer unha plantación.

Non saben cando.

Cal sería a súa programación?

Non hai.

Semana da poesía.

É unha actividade proposta pola UNESCO en 1998.

Levarase a cabo esta actividade no 2018?

Pode ser que se faga algo polas Peras. Algún certame mais non semana da poesía.

9.- ANTIGA SITUACIÓN DO PARQUE INFANTIL DO PASEO MARÍTIMO.

Xa hai varios meses que se fixo efectivo o cambio de situación do parque infantil do paseo marítimo.

Por que segue habendo restos na anterior colocación?

Non teñen pensado retiralo.

Cando se van retirar?

Van mirar de reutilizalos

10.- ACCIÓN 62: CREAR O CONSELLO MUNICIPAL DE TURISMO.

A promesa de crear o Consello da muller e o Consello da saúde está sen cumprir.

Teñen pensado cumprir para este ano a do Consello de turismo?

Non sería un Consello de Turismo senón un Plan de Turismo.

Queren facer reunións con diferentes sectores e facer un Plan de turismo.

En que consistirá?

Estaría por determinar e ver que representación pode haber.

11.- SOLO INDUSTRIAL.

Se no polígono industrial de Vidrieiro xa non parcelas baleiras.

Están contemplado ampliar este polígono?

Dependerá da Xunta que é quen debe autorizar novo chan industrial.

Non teñen solicitudes.