O proxecto do Mercado, un fracaso para Pontedeume da man do PP-PSOE.

O proxecto do Mercado, un fracaso para Pontedeume da man do PP-PSOE.

RESUMO DO PLENO DO MES DE ABRIL DE 2018

O pleno debería comenzar ás 12h , unha vez alí prodúcese un retraso de máis de media hora xa que querían ter documentación necesaria para abordar un punto que querían presentar fóra da orde do día.

Unhas horas antes comunicóusenos que haberá asuntos fóra da orde do día e enviósenos unha parte da documentación.

Como vén sendo habitual “tarde, mal  e arrastro”.

Entregóusenos  unha proposta de acordo para o punto do Recoñecemento Extraxudicial de Crédito e xa se iniciou o pleno.
Sen tempo nen para miralo, sen poder lelo!!!

Foi un pleno, como vén sendo habitual, cunha baixísima participación da cidadanía, había tres persoas nas bancadas e outra  que estaba traballando como periodista  para o partido no goberno.

En canto á participación dos grupos políticos houbo tres ausencias ( 2 PP, 1 PSOE) por motivos laborais.

Todo isto pon enriba da mesa  a dificultade que estes plenos en horario de mañá conlevan para a participación tanto da cidadanía como dos concelleiros que non teñen dedicación exclusiva.

O BNG-AA de Pontedeume levamos pedindo, durante todo o tempo desta lexislatura, un cambio de horario dos pleno mais o Señor  alcalde e o seu grupo non queren admitir. Deben entender que  non é preciso a participación cidadá nos asuntos do  concello.

No punto 3.- Aprobación do expediente de modificación do proxecto da obra rehabilitación e ampliación do mercado municipal de Pontedeume. expte nº 2016/c003/000001. Temos que facer fincapé no fracaso absoluto para Pontedeume que vai supor que o Mercado non vaia estar operativo no melhor dos casos até o 2019, seis anos perdidos con todo o que supuxo e está a supor para o tecido socioecónomico eumés e os antigos praceiros, a maioria dos cuais no resistiron a má xestión da obra por parte, primeiro do Sr Torrente PP(2 anos), e agora do Sr Bernardo PSOE (4 anos), ao continuar este último con o mega-proxecto do primeiro, sen atender as recomendacións do BNG que lle solicitaba un replantexamento da obra en algo que fose realizábel e viábel a curto prazo. Alén disto hai que engadir o sobre custo despois desta aprobación de modificación de  proxecto que se suma a anterior para areparación da cuberta. na que ambas suman un sobrecusto de mais de 330.000 euros. Diñeiro que se poderia ter investído por exemplo na tan necesaria gardeiria.

A nosa postura foi a abstención xa que esta modificación supón cambios que abaratan algunas partidas do proxecto. Ben porque se eliminan elementos  ben porque se cambian por outros. Non houbo compromiso, por parte do goberno, á busca de financiamento para completar os elementos eliminados e que isto non  teña que soportarse por parte dos praceiros/as aos que se asignen os postos.

 No punto  de fóra da orde do día: Asunto: Expediente de Recoñecemento Extraxudicial. 2018/g006/000049.

 O noso voto foi en contra.

Non se pode pretender que no mesmo pleno se nos dea documentación, que unas horas antes recibamos informes dos técnicos nos que se fala de:

.- “… incumprimento do procedemento legalmente establecido…”,

.- “ O recoñecmento extraxudicial de crédito  configúrase como un procedemento excepcional”,  .- “ .. este procedemento está a ter un carácter ordinario e repetitivo  todos os exercicios económicos”.

.-  “… clara conculcación dos principios de contratación pública legalamente esixidos…”

Non valen xa as escusas a estas alturas de lexislatura.

O señor alcalde Bernardo Fernández xa na oposición era coñecedor desta situación, no seu Plan B de promesas electorais asegurou que ía  haber un forte cambio.

Nós cremos que os cambios ornamentais son importantes mais  hai que ir ao fondo e estes deben ser estruturais e pensamos que estes seguen pendentes de facerse.

Segue habendo servizos sen licitación , contratos sen facer, continuidade de empresas sen contratación legal…

Antes a isto o Sr. Bernanardo o ruborizaba, agora o desculpa coa frase “ Hai moito que facer, non dá tempo”.

O BNG- AA de Pontedeume non queremos seguir agardando máis tempo, xa entramos no último tramo da lexislatura e non houbo cambios con respecto ao que fixeron os gobernos do PP. 

Alén disto rexistramos os seguintes rogos:

1.-FONTE DE QUINTIÁ.

Na zona de Castrelo a Breamo atópase esta fonte.

ROGAMOS limpeza e arranxo da mesma.

2.- INFORMACIÓN AOS CENTROS EDUCATIVOS.

Xa no mes de maio do 2017 fixemos este mesmo rogo.

As  actividades desenvolvidas polo concello anúncianse nuns paneis. Bótase en falta a difusión en centros educativos.

PREGAMOS difusión en centros educativos das actividades.

3.- CARTELERÍA… NO CASCO HISTÓRICO.

Nos diferentes negocios do casco histórico hai cartelería, toldos…

SOLICITAMOS  control da mesma e información aos comerciantes das características que estas deben ter.

4.- LIMPEZA DO PASEO MARÍTIMO.

Nas inmediacións do teixo hai proliferación de silvas…

ROGAMOS limpeza e desbroce .

5.- LIÑA TELEFÓNICA EN ESTEIRO.

Achegándose á capela de Esteiro hai un poste telefónico moi inclinado que está a forzar o tendido co conseuinte prexuízo e perigo que isto conleva.

SOLICITAMOS  se fagan as xestións precisas para amáñalo.

6.- NORMATIVA DE PLANTACIÓNS.

É preciso que a  a cidadanía . sexa coñecedora das normas en canto á plantación de diversas especies arbóreas.

PREGAMOS se leven a cabo  acción divulgativas das diferentes normas e regulamentos.

7.- RESTOS DE PODA NO RÍO COVÉS.

Verbalmente púxose en coñecemento no concello do acopio de restos de poda na zona de paso no río Covés que impiden o paso e nalgún caso caeron ao río.

Actualmente a situación continúa igual que hai máis dun mes.

ROGAMOS  se leven a cabo actuacións que solucionen esta situación.

8.- FORMACIÓN.

No eido de axuda a domicilio e coidado de persoas maiores, ou dependentes é preciso facer formación tanto para as persoas que traballan neste sector como para os que non.

SOLICITAMOS  poñan en marcha actividades de formación.

9.- REPARACIÓN AVDA/SAAVEDRA MENESES.

Xa existen fochancas e firme en mal estado.

Ë uha vía de vital importancia para a vila.

PREGAMOS o seu arranxo canto antes.

No apartado de preguntas estas son as que realizamos:

1.- GALA DO DEPORTE EUMÉS.

Vaise celebrar? Están pendentes das obras do pavillón.

 Cando? Sen data.

2.-RECOLLIDA DE TRASTES.

Pasada xa a metade da lexislatura.

Está planificada xa a recollida de trastes por zonas e con datas concretas para cada unha delas? Non.

Para cando? Non se sabe.

3.- VESPA VELUTINA.

Xa entrada a primavera.

Que plan teñen para loita contra esta especie invasora? Explican que o ano pasado sacaron 78 niños. Seguirán facéndoo con voluntarios.

Teñen xa elaborada unha campaña de divulgación e concienciación?

 Pode que fagan algún papel informativo.

4.- EMPREGO PÚBLICO.

Coñecedores da grave situación do concello no tocante ao cadro de persoal.

Que prazas teñen pensado ofertar? Non se sabe.

Para cando?  Non se sabe.

5.- DIA DAS LETRAS GALEGAS.

Cal é a programación para esta conmemoración?  Varias actividades durante o mes. Presentacións de libros na biblioteca, entrega do premio Contos de Pontedeume, actuación de Orballo…

6.- ACCIÓN 51.

“ Instalar sinaléctica con información completa e atractiva sobre a historia dos edificios  e vestixios máis destacados do noso concello”.

Achégase, de novo, a tempada estival.

Que hai feito neste senso? Presentada documentación para diferentes proxectos. Renovación de paneis e sinais. Dependen de subvencións.

7.- HORARIO DA OFICINA DE  URBANISMO.

 Rogo de setembro 2017: “A atención ao público nesta oficina é de catro horas á semana. Ás veces hai usuarios que non poden ser atendidos.”

Vaise ampliar este horario? Non

De que xeito?

8.- PREVENCIÓN DE INCENDIOS.

Estamos nas portas da época de perigo de incendios. O concello debe velar pola previsión esixindo e vixiando que as fincas, cómaros, montes, etc estean nun bo estado para que non sexan foco de lumes. ( rogo de maio 2017)

A Xunta aprobou unha nova normativa a raíz dos incendios.

Que accións teñen pensado realizar?  Unha campaña divulgativa con cartaces.

Teñen pensado facer, alo menos, un bando para limpeza de fincas como primeiro paso de loita contra incendios? Fíxose nestes días.

9.- CEM.

Xa estamos no derradeiro trimestre do curso escolar 17/18.

Vaise convocar  o C.Escolar Municipal deste curso ? Para o mes de maio.

10.- PASOS DE PEÓNS.

En repetidas ocasións fíxose este rogo. Ao tempo que se propuxo un pintado con ideas de sensibilización de diversos temas.

Teñen feita xa unha programación? Están pensando que facer.

11.- ACCIÓN 74.

 Prometeron retirar vehículos da Praza S.Roque e habilitar unha alternativa.

Que esta feito desta promesa? Están na busca do terreo e da taxaxión que deste se faga. Aínda hai lexislatura.

12.- REGULAMENTO DE USO DE SOLO PÚBLICO.

Son innumerables os rogos e preguntas feitos neste eido.

Hai algo feito ? Contratouse unha empresa cun custo de 6.000€ para que fagan o estudo e logo poder elaborar o regulamento.

Para cando? Terán unha reunión en maio para coñecer este estudo.