Non hai cartos para comedores escolares mais sí para profes de relixión e centros ultracatólicos.

Non hai cartos para comedores escolares mais sí para profes de relixión e centros ultracatólicos.

Dende o BNG de Pontedeume denunciamos que non hai dereito a que non haxa cartos para comedores escolares, mais sí os haxa para profesorado de relixión postos a dedo polo obispado na educación pública e centros privados ultrarrelixiosos que segregan por sexo. É por isto que presentamos unha  MOCIÓN SOBRE O NOVO COPAGO DOS COMEDORES ESCOLARES.

O pasado día 12, deste mes de marzo, o goberno do PP na Xunta de Galiza deu a coñecer un novo recorte no dereito á educación dos galegos e galegas cunha medida que afecta directamente ao alumnado do noso país. O goberno do PP  anuncia a ampliación do copago do servizo de comedor escolar.

Esta decisión carga sobre as precarias economías das familias a obriga de facer fronte ao pago dunha parte importante deste servizo. Un servizo necesario  para garantir un dereito fundamental como é o Dereito á Educación que, con esta imposición do goberno do PP, vén a deteriorar o ensino público no que respecta ao servizo de comedores escolares.

Esta actuación do goberno do PP na Xunta de Galiza evidencia a súa despreocupación polo ensino público, provocando o seu deterioro polos sucesivos recortes dos últimos anos: recortes no número de profesores e profesoras; recortes nos orzamentos dos centros;  recortes nas axudas para libros, nas axudas para bibliotecas, atrasos nas transferencias económicas para comedores escolares, recorte no servizo de comedores, empeoramento das condicións socio-laborais do profesorado, recortes nos servizos de normalización lingüística e unha longa cadea de despropósitos que deterioran un servizo público básico da sociedade.

Pola contra, todos estes recortes no ensino público contrastan cos 240 millóns de subvención ao ensino concertado, cos 3 millóns de euros de subvención para centros que segregan ao alumnado por razón de xénero e que o propio Tribunal Superior de Xustiza de Galiza declarou ilegal.

Por todo isto, o grupo municipal do BNG solicita do Pleno da Corporación municipal a adopción do seguinte

 

ACORDO

  1. 1.        Instar á Xunta de Galiza a non estabelecer un novo copago no servizo de comedores escolares.
  2. 2.        Demandar da Xunta de Galiza velar polo dereito á educación, garantindo un servizo de comedor escolar de calidade para o alumnado que o necesite.
  3. Instar á Xunta de Galiza a ampliar o servizo de comedor gratuíto ao alumnado con poucos recursos económicos do ensino infantil e de primaria.

Non hai cartos para comedores escolares mais sí para profes de relixión e centros ultracatólicos.