NOGUEIROSA: ROTURAS CONTINUAS NO ABASTECEMENTO

Nogueirosa
Nogueirosa
A renovación da rede de abastecemento de Nogueirosa está completamente parada.  Unha obra que debería estar feita en 4 meses.
NOGUEIROSA: ROTURAS CONTINUAS NO ABASTECEMENTO

NOGUEIROSA: ROTURAS CONTINUAS NO ABASTECEMENTO

 

 

A renovación da rede de abastecemento de Nogueirosa está completamente parada. Unha obra dun convenio do 2018, que a piques de rematar o 2019 non ten data de finalización, nin data dun novo comezo das obras. Unha obra que debería estar feita en 4 meses.

Un decreto do Alcalde de outubro pasado paralizou a execución da obra de “renovación de tubaxes na rede xeral de abastecemento de auga potable (convenio 28/2018)”. Decisións que se toman con escasa publicidade e transparencia e con certa “nocturnidade”

Unhas das competencias básicas e esenciais dos concellos é “o abastecemento de auga potable a domicilio”. Un servizo público polo que a cidadanía paga ineludiblemente as taxas correspondentes pero que en parroquias como a de Nogueirosa este servizo  interrómpese con demasiada frecuencia.

A xustificación do concello foi que era mellor NON facela no verán. Está ben,....esperaremos.

 

No ano 2010 as Nacións Unidas recoñeceron o acceso a auga potable e ao saneamento como un Dereito Humán