O BNG VOLVE A RECLAMAR QUE SE AMOSEN Á CIDADANÍA AS BASES PARA ADXUDICAR OS POSTOS DO MERCADO

MERCADO MUNICIPAL: 6 ANOS PECHADO

Mercado: 6 anos pechado
Mercado: 6 anos pechado

MERCADO MUNICIPAL: 6 ANOS PECHADO

O BNG volve a reclamar que se amosen á cidadanía as bases para ADXUDICAR OS POSTOS DO MERCADO.

o BNG eumés considera imprescindible dar a coñecer os criterios para adxudicar os postos do mercado municipal, case 6 anos despois do seu pechePostos Mercado

MERCADO MUNICIPAL: 6 ANOS PECHADO

 

No último pleno de xullo, o grupo municipal do  BNG insistiu no fundamental que é o mercado para dinamizar a economía do concello polo que non serven as excusas (con todo o persoal con dedicacións parciais, dedicacións exclusivas e a soldo da deputación) do tipo “non temos tempo” “hai moito traballo” “non damos abasto” para a inmediata apertura da infraestrutura.

 

As declaracións de Bernarnado fai máis de 6 meses (marzo do 2019) eran: “ estamos ultimando a ordenanza e o pregos para a concesión”.    MENTIRA.

 

As razóns para este retraso só poden ser:

  • a ineficacia e desleixo do goberno do Sr Bernardo Fernández,
  • ou a existencia doutros “intereses superiores” para evitar un procedemento con transparencia, concorrencia, imparcialidade e publicidade

 

 

Case 6 anos despois do peche do mercado, no pleno de xullo pedimos que o goberno do Sr. Bernardo Fernández amosases públicamente :

 

  1. Os criterios obxectivamente avaliables coas puntuacións correspondente
  2. Un listado dos postos existentes cos prezos de saída da licitación:

 

E 6 ANOS despois isto é o que temos.....

 

(ADXUNTAMOS LISTADO DE POSTOS...sen prezos de LICITACIÓN