Incumprir as promesas = Enganar

Incumprir as promesas = Enganar

Xa ninguén se lembra do Plan B do Sr. Bernardo nas últimas eleccións. Todo foi prometer ata chegar á Alcaldía, unha vez conseguido esquecer o prometido. Esta é unha lista non exhaustiva dos incumprimentos de 4 anos de mandato:

Acción

Resultado

 Constituír o Consello municipal da muller

NINGÚN

 Proxecto de revitalización do feirón

NINGÚN

 Albergue de peregrinos

NINGÚN

 PEPRI

NINGÚN

Aforro de facturas, sacando concursos de servizos

NINGÚN

 Consello municipal de turismo

NINGÚN

 Licitación do subministro da auga

NINGÚN

Actividades de ocio para os rapaces (Planet Club)

NINGÚN

 Parque biosaudable do paseo Rosalía de Castro

NINGÚN

 Plenos participativos

NINGÚN

 Licitación do contrato do alumeado público

NINGÚN

 Escola infantil

NINGÚN

 Novos aparcadoiros

NINGÚN

 Praia de Ver

NINGÚN

 Licitación da piscina Municipal

NINGÚN

Gradas do campo do fútbol

NINGÚN

 Regulación de ocupación de solo público

NINGÚN

Patrulla de policía nocturna

NINGÚN

 Páxina web do concello

NINGÚN

 Contratar capataz de vías e obras

NINGÚN

 Aumentar efectivos da policía

NINGÚN

 Xornadas anuais sobre historia local

NINGÚN

 

 

Estas non son as nosas promesas, son as promesas incumpridas do Sr Alcalde. Pero hai máis, moitas máis:  o concurso público á reparación de vehículos, regular a recollida de refugallos, recollida de lixo porta por porta, un novo camión de lixo, retirada colectores soterrados, instalación de colectores de 3.500 l., primeira festa do pan e da empanada, recuperar xestión de cobro, incrementando un 5% os ingresos, beirarrúas de Andrade, beirarrúas de Centroña, actualización de ordenanzas, arranxo do bombeo de Centroña, actividades prometidas; día da árbore, da poesía, da Paz...

E hai cousas peores: os reiterados informes negativos da Secretaría e de Intervención (funcionarios imparciais do concello). Informes con reparos sobre a existencia de contratos con facturas elevadas con empresas pero que se “disfrazan” de contratos menores para non saír a licitación pública. Seguen fraccionándose servizos, segue a mesma situación que nos anteriores gobernos do PP