Esiximos a retirada do expediente disciplinario ao alumno do IES Breamo por defender a lingua.

Esiximos a retirada do expediente disciplinario ao alumno do IES Breamo por defender a lingua.

taboleiro iesO BNG DE PONTEDEUME APOIA AO ALUMNO EXPEDIENTADO POR MANIFESTARSE A FAVOR DO GALEGO NUN RECREO E ESIXE A PARALIZACIÓN DO PROCEDEMENTO SANCIONADOR. O Bolque Nacionalista Galego de Pontedeume denuncia públicamente a apertura dun expediente disciplinario a un alumno do IES Breamo desta localidade por manifestarse a favor da lingua e en solidariedade cos encausados no proceso #8f45anos. No acto solidario, celebrado dias atrás nun recreo escolar, exibíronse cartaces coa lenda “defender a lingua non é delito”, así como unha bandeira da Patria. Este acto foi denunciado diante da dirección do insituto e a Consellería de Educación pola organización Galicia Bilingüe. O BNG solicita da Consellería de Educación e da súa xefatura territorial a inmediata retirada do expediente disciplinario ao alumno represaliado. O BNG denuncia esta nova agresión ás persoas valedoras da nosa lingua a mans do movemento ultradereitista Galicia Bilingüe, quen parece marcar a axenda das autoridades educativas en materia lingüística, e condena a persecución a que esta minúscula asociación está a intentar sobre a parte máis consciente e comprometida da mocidade galega. Á par de amosar o seu apoio ao alumno represaliado, o BNG chama á sociedade eumesa a recoñecer, alentar e premiar a valente actitude das rapazas e rapaces que recuperan a nosa lingua nacional para o seu uso normalizado e a defenden con orgullo e decisión. Eles e elas son o noso futuro

Esiximos a retirada do expediente disciplinario ao alumno do IES Breamo por defender a lingua.