O desleixo do goberno municipal : o casco histórico cae a pedazos.

O desleixo do goberno municipal : o casco histórico cae a pedazos.

Alén da propaganda nos meios de comunicación por parte da alcaldía socialista de Pontedeume, a triste realidade e que son continuos os desprendementos de cascallos, galerías, xanelas... no casco histórico de Pontedeume, debido ao lamentábel estado no que se atopa o conxunto arquitectónico, co conseguinte perigo para as persoas. Durante os catro anos de mandato municipal do Sr. Bernardo non se ten implementado nen avanzado  un milímetro no Plan de Rehabilitación do casco histórico Eumés. Limitándose nestes catro anos a vender fume e propaganda.

O BNG terá como prioridade o desenvolvemento do PEPRI para pór en valor o noso patrimonio histórico-arquitectónico como xa temos desenvolvido noutras vilas e cidades de Galiza como Pontevedra, Allariz...etc.