Consideramos inaceptábel que o goberno eumés gaste os cartos do pobo nunha publicación partidista.

Consideramos inaceptábel que o goberno eumés gaste os cartos do pobo nunha publicación partidista.

panfleto PPO BNG de Pontedeume considera inaceptábel que o goberno eumés gaste os cartos do pobo nunha publicación municipal, claramente electoral e enganosa. Este panfleto contén todos os propósitos e intencións que o goberno non conseguiu levar a cabo en oito anos. Na capa, anuncian a reforma do mercado, mais non din que o acordo da Deputación e da Xunta co concello só é un principio de intencións, xa que non existe unha contía determinada e asinada para ese proxecto. Outra das promesas consiste en medidas para a ordenanza do feirón, o cal é burlesco, xa que desde que están eles no goberno o feirón foi a menos, na actualidade está practicamente morto. Estas promesas, xa vellas, tiveron tempo a realizalas en todo o tempo de mandato. Se de verdade o obxectivo desta publicación fose informar da actualidade da vila, teríano publicado anos antes, e non a dous meses das eleccións. É inadmisíbel que os eumeses e eumesas paguemos a propaganda electoral do PP. Benefícianse dos nosos cartos con fins partidistas, malgastándoo alegremente, cando poderían destinalos a fins necesarios, por exemplo, en axuda a domicilio. Desde o BNG rexeitamos que se aproveiten do noso diñeiro para facer campaña.