Un “calote” as usuarias/os da Piscina Municipal de Pontedeume.

Un “calote” as usuarias/os da Piscina Municipal de Pontedeume.

No pleno celebrado o 28-01-2016, o BNG-AA puxo de novo enriba da mesa unha pregunta que atinxe ao funcionamento e outra aos cobros da piscina municipal de Pontedeume:

2.- PISCINA MUNICIPAL.

piscina03

O BNG quere transmitir as queixas de usuarios da piscina pola existencia de pingueiras, máquinas inservíbeis e outras en mal estado.

Quen controla este servizo municipal e quen ten a responsabilidade-competencia do mantemento das instalacións?

10.- PISCINA MUNICIPAL.

Hai anos denunciamos polo coñecemento do cobro irregular, desde a tempada 2013-2014, das cotas aos

usuari@s da piscina e de servizos que deberían prestar e non ofertan. Recentemente a Valedora do Pobo reclamou ao Concello documentación para verificar a denuncia de 30 usuarios.

Que documentación reclama a Valedora do Pobo e que ten pensado en referencia ao cobro indebido de taxas?

Xa é un asunto que vén de vello e que está, aínda, sen resolver.

Os usuarios/as tiveron que reclamar. Chegando incluso ao Valedor do Pobo, mentres a empresa concesionaria do servizo segue a mofarse de todos/as nós facendo o que lle da a gaña. Nunca tan ben acaido o parecido co verbo GAÑAR.

SERVIOCIO está enchendo os seu petos cos cartos de cada un dos usuarios/as que asisten aos servizos de piscina municipal e ximnasio facendo que estes paguen cantidades económicas, polo servizo que lles prestan, superiores ás marcadas pola ordenanza reguladora.

Aínda que pareza incríbel, é verdade: “ISTO É UN ATRACO”

A administración municipal aprobou os prezos ou taxa a aplicar aos usuarios/as por medio dunha ordenanza municipal. NESTE CASO A Nº28, que posteriormente se publica no BOP nº245.

Só hai que botarlle un ollo a estes documentos e comparalos cos prezos que a empresa SERVIOCIO está a cobrar nesta temporada 2015-16  para darnos conta que as cantidades son moi superiores e beneficiosas para a empresa .