O BNG de Pontedeume e da comarca de Ferrolterra mobilízanse pola suba nas peaxes.

O BNG de Pontedeume e da comarca de Ferrolterra mobilízanse pola suba nas peaxes.

 

Por acordo do Consello Comarcal do BNG – logo da proposta feita desde a Comisión Comarcal de Urbanismo e Infraestruturas - puxemos en marcha unha campaña de denuncia polas peaxes da AP9. A campaña foi presentada en rolda de prensa o pasado xoves e, como primeira medida, presentamos unha moción ao conxunto dos concellos da nosa comarca entre eles o noso que mais abaixo expoñemos.

Ademáis, como xa recolleron os medios, fixemos unha previsión de acto reivindicativo para o vindeiro venres dìa 15. Este acto consistirá nunha concentración simultánea na entrada da AP9 en Cabanas e na saída en Vilar do Colo, que desenvolveremos a partir das 17 horas. E ao cal está convidada toda a cidadanía de Pontedeume a participar connosco neste acto reivindicativo.

A continuación expoñemos os motivos e a moción presentada no noso concello.

O pasado 1 de xaneiro entraba en vigor, logo da autorización feita polo Ministerio de Fomento a finais de ano, unha nova subida na peaxe da A-9; sendo a cuarta subida que se produce na mesma no período de doce meses.

Hai que lembrar aquí que, efectivamente, o Ministerio aprobaba a finais do mes de Xullo do pasado ano un incremento do 7,5%, ao que se viña a engadir a aplicación da subida do IVE no mes de setembro. Todo isto, sen esquecer que xa se tiña feito unha actualización do IPC que tivo como resultado unha suba do 3,29% no pasado ano 2012.

Con todos estes incrementos do prezo a peaxe da A9 situase nun nível práticamente inasumible para a maioría da cidadanía; xa que o custo do traxecto entre A Coruña e Vigo superá os 15 euros, mentras que o traxecto entre Ferrol e a fronteira de Tui –o percorrido completo da A9- achégase na aos 20 euros.

Estamos a falar, pois, dunha das autoestradas máis caras do Estado e que, como se tén posto de manifesto en numerosas ocasións, leva o engadido o feito de non contar cun Programa de Descontos, a semellanza do que acontece noutras autoestradas do Estado. Os constantes incrementos dos prezos das peaxes – reiteramos que foron catro o pasado ano – nun contexto de grave crise económica, levan irremediablemente á redución de usuarios da autoestrada. En troques, a utilización das estradas alternativas – nun estado deteriorado - levan a atascos e colapsos, ao non poder absorber o tráfico.

A incidencia desta situación – para o conxunto da poboación pero, nomeadamente, para os transportistas - na nosa comarca é maior aínda, xa que ao agravamento da crise e maior desemprego - co progresivo deterioro económico que leva consigo – hai que engadir o feito de non contarmos con vias alternativas en condicións. Por outra banda, os tramos de Miño a Cabanas e de Cabanas a Fene – que poderían actuar como alivio aos atascos que se producen na estrada convencional – resultan dos máis caros con relación á súa lonxitude.

A vista dos feitos expostos, desde o BNG entendemos que os concellos da comarca deberan de fixar unha estratexia común na defensa do conxunto das veciñas e veciños, para o que propomos a adopción dos seguintes acordos:

1.- Manifestar o rexeitamento da corporación á recente suba das peaxes na A9, polo impacto negativo que representa na xa deteriorada economía da comarca.

 2.- Esixir do Ministerio de Fomento a urxente revisión da política de peaxes, que camiñe na dirección de rebaixar os custes das mesmas; nomeadamente na actual situación de grave crise.

 3.- Solicitar a supresión da peaxe no tramo da A9 que vai de Miño a Fene.

 4.- Demandar a urxente construción dun novo enlace da A9 no Polígono do Vidrieiro-Pontedeume 

O BNG de Pontedeume e da comarca de Ferrolterra mobilízanse pola suba nas peaxes.