Resumo do pleno ordinario do mes de xaneiro de 2018.

Resumo do pleno ordinario do mes de xaneiro de 2018.

O máis salientábel deste pleno ordinario do mes de xaneiro, foi a aprobación da iniciativa do BNG para que o concello se sume e apoie, así como que organice no noso propio concello as actividades de celebración e divulgación do centenario da revolta popular de marzo de 1918 na nosa comarca.

Alén disto registramos as seguintes iniciativas en forma de preguntas e rogos:

Rogos

1.-BONIFICACIÓN NO IVTM MUNICIPAL.

Na ordenanza fiscal nº 14 no artigo 5º recóllense dous tipos de bonificacións: unha sobre coches históricos e outra para vehículos que se adapten ao combustible sen chumbo.

Esta ordenanza está, neste punto, obsoleta xa que agora todos os vehículos utilizan gasolina sen chumbo.

En aras a actualización  e tendo en conta que se deben promover accións de coidado de medio ambiente e loita contra a contaminación.

SOLICITAMOS boificación no IVTM para vehículos híbridos, eléctricos ou que utilicen outros combustibles considerados respectuosos para o medio ambiente.

2.- LOITA CONTRA O FEISMO.

Por desgraza no noso termo municipal existen gran número de edificacións inacabadas, algunhas de hai xa décadas.

Cremos que é obriga do concello loitar contra esta situación.

ROGAMOS control e actuación neste eido.

3.- CONTROL DOS DEPÓSITOS DE REFUGALLOS.

Na Avda/ de Ferrol, camiño da estación do tren, na marxe dereita hai terreos con acumulación de refugallos  que transmiten un aspecto de abandono.

PREGAMOS control destes depósitos.

4.- ESTADO DOS COLECTORES DO LIXO.

Hai en varios puntos do concello colectores, sobre todo amarelos, que carecen de tapas.

ROGAMOS   o seu amaño ou reposición.

5.- MARQUESIÑA OU PARADA DO AUTOBÚS.

Esta instalación ten no seu tellado  con proliferación de plantas e terra.

SOLICITAMOS  mantemento da mesma.

6.- LUZ NA PISTA DE AVDA/ RICARDO SÁNCHEZ.

Moitos días a diferentes horas da noite ( incluso de madrugada),no tempo de nadal a luz desta instalación deportiva estivo acesa co conseguinte gasto para as arcas municipais.

ROGAMOS control desta iluminación e adecuación a un horario racional.

7.- CANALÓN NO TELLADO DO EDIFICIO DE SERVIZOS SOCIAIS.

No patio interior do edificio de Servizos Sociais cae a auga con gran forza e a “ escape libre” xa que o canalón do tellado está roto ou deteriorado.

PREGAMOS  revisión do mesmo e o seu amaño.

8.- SENSIBILIZACIÓN DA CIDADANÍA.

O labor de sensibilización da cidadanía é de vital importancia. Os concellos teñen o compromiso de facelo e así  conquerir unha mellora de diversas situacións sociais.

SOLICITAMOS  sinalizacións, en diferentes puntos do concello, que insten á recollida dos excrementos de animais.

No apartado de prefuntas estas son as que fixemos:

1.-“HOSPITALILLO”, NOVO ALBERGUE DE PEREGRINOS.

O día 30 de  abril de 2016 anunciose na prensa, con foto incluída, a firma dun acordo de cesión do antigo hospital sito na R/Tafona entre o alcalde de Pontedeume e o representante do arzobispado.

Cales foron os pasos dados ate agora? Houbo reunión hai dous meses. Hai un anteproxecto feito por Franco Taboada que haberá que presentalo na Xunta.

O edificio está catalogado e non se pode intervir nel.

En que situación está esta promesa?

Hai que pedir que a Xunta recoñeza que sexa un albergue de peregrinos oficial.

O custe será  sobre 300.00€ e terán que buscarse fondos a tres bandas: Xunta, Deputación e concello.

2.-SITUACIÓN  DA ARAUCARIA.

En xuño de 2016 informamos no pleno da corporación da grave situación de deterioro da ARAUCARIA EXCELSA DA CASA DE TENREIRO que aínda que se atopa nunha propiedade privada conta con catalogación como árbore senlleira segundo decreto 67/2007 da Xunta de Galicia (DOG nº74 do 17 de abril).

Co paso do tempo, e a simple vista, o deterioro é maior.

Cales foron as actuacións feitas? Avisados os propietarios. Non existen máis competencias do concello neste eido.

Cales pensan facer? Os propietarios parece ser que están facendo algún tipo de intervención para a súa recuperación.

 

3.- AXUDAS DE MATERIAL ESCOLAR DO CURSO 2017/18.

Despois das NEFASTAS experiencias de anos anteriores que cremos que non deberían repetirse.

Cando se van convocar as axudas  deste curso escolar 17/18? O Regulamento ten que ser exposto en consultas previas coas modificacións feitas coas achegas do BNG  e logo exporase na páxina web.

Unha vez rematado o procedemento farase a convocatoria.

4.- CEM DO CURSO 17/18.

En curso anteriores só se convocou unha reunión ( en cada un ) do CEM e nalgún caso logo de reiteradas peticións. Estamos no inicio do segundo trimestre.

Segundo se recolle no regulamento do mesmo fálase de dúas convocatorias ao ano ( ao inicio e ao final de curso).

Se lles enche a boca co concepto : “Participación da cidadanía” e logo  as canles de participación non se activan.

Cando van convocar o CEM deste curso 17/18? Non se convocou pois parece ser que non houbo problemas.

Dixemos fincapé no cometido do CEM xa que non é só para cando haxa “problemas” pois é un organismo de participación.

Disque antes do remate do 2º trimestre pois será tempo de reservas de prazas para o vindeiro curso ( 1 de marzo).

 

5.- ILUMINACIÓN NAVIDEÑA.

Cal foi o gasto deste ano? 16.000€

Que empresa se encargou? Bialbero

Parécenos umha animalada que se gaste tanto nisto cando há tantas cousas en que insvestir eses cartos.

6.- DOTACIÓN DE VEHÍCULOS DA POLICÍA LOCAL.

Cantos hai? Dous

En que condicións?  1 en propiedade e outro renting

Segue usándose o OPEL gris 1068 JTL? Renting. Págase sobre 700€ mensuais.

Ata cando? Non se sabe. Hai que licitar a compra. Hai moito traballo e hai outras prioridades que sacar adiante. Mentres seguirán a despilfarrar carto publico.