Aprobada por unanimidade a moción presentada polo BNG en defensa do sector lácteo Galego.

Aprobada por unanimidade a moción presentada polo BNG en defensa do sector lácteo Galego.

Neste pleno municipal do 30 de xullo compre destacar a aprobación por unanimidade da moción Plaza Real de Pontedeumepresentada polo BNG en defensa do sector lácteo Galego.

O resumo do primeiro pleno do mandato municipal, xa que o de investidura e de organización tiñan un cometido concreto do que no se podía saír, é que o BNG é a única organización política con lexitimidade moral para exercer a oposición no concello de Pontedeume.

Foi un pleno longo e intenso (catro horas), máis cheo de simbolismo e onde o PP coas súas 25 preguntas e case una ducia de rogos deixou clara a súa NEFASTA actuación durante os anos de goberno.

E non o dicimos nós, eles mesmos foron os que o puxeron enriba da mesa xa que case todas as preguntas estaban relacionadas con resultados NEGATIVOS  da política levada a cabo polo PP no concello nestes últimos 8 anos.

Resulta irrisorio que pregunten sobre responsabilidades propias deles  e das que o actual goberno municipal, un mes e dezasete días despois de constituirense, non é culpable. Como tampouco é merito da nova alcaldía os proxectos ou obras que ficaron asinadas ou comezadas polo goberno anterior.

O PP de Pontedeume asume, polo tanto, que a xestión municipal levada a cabo por eles foi nefasta.

O BNG-A.A de Pontedeume ante esta situación quere deixar claro que somos a Única oposición creíbel pois o PP carece de lexitimidade moral para exercela.

O mais salentábel do pleno foi a presentación por parte do BNG-A.A. dunha Moción en defensa do sector lácteo galego na que se  recollen as reivindicacións dos produtores galegos, das  diversas organización sindicais do sector (UA, XA, SLG, FRUGA) na que se insta ao Goberno Galego e ao do Estado a garantir a recollida do leite das explotacións, a que se garanta un prezo de orixe xusto e que cubra os gastos de produción e a que se realice una campaña de inspección fronte ao dumping das grandes áreas de distribución. E que foi aprobada por unanimidade de todos os grupos da corporación municipal.

Esta foi a primeira moción que se inclúe na orde do día, en moitos anos, tal e como debe ser un funcionamento democrático que agardamos sexa o que impere, por fin, neste concello como en calquera outro.

Outro gran tema que nos preocupa e que fixemos constar é o do mercado municipal. Con data 22-07-2015 Antonio Salvadores Regueiro, voceiro do grupo municipal do BNG-AA, dirixiuse á Alcaldía para solicitarlle a convocatoria urxente da Xunta de Portavoces deste concello. O motivo desta solicitude son os recentes comunicados á prensa polo goberno, a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a incerteza na que se atopa o noso Concello con respecto ao inicio do proxecto de rehabilitación do Mercado Municipal e, por último, a inmediata finalización das concesións dos postos aos praceiros e praceiras. Esta xuntanza de portavoces tería por obxecto coñecer de primeira man a situación. Agardamos que esta se produza coa maior celeridade pois o 31-07-2015 espérase recibir o proxecto, o mesmo que deixou asinado o anterior goberno municipal, e que moito nos tememos, debido ao calado do mesmo, vaise dilatar moito no tempo antes de que os praceiros poidan voltar a os seus postos e de que haxa novamente actividade na praza.

Tamén preguntamos polas actuacións que ten pensado tomar o novo goberno en relación ao estado das augas das nosas praias, que como se sabe son no aptas para o baño. Neste senso se nos informou de que se van pedir informes a Aqualia, e se está  a pensar en instalar unha minidepuradora en Ber. Estaremos vixiantes dos pasos que se dean con un tema tamén fulcral para Pontedeume.

aliás conseguimos o compromiso do gobernó municipal de que se realicen subscricións de imprensa en galego por parte do concello, xa que na actualidade estas subscricións están limitadas só a publicacións en castelán, Biblioteca, Casa da Xuventude, Centro de Maiores...

No que atinxe á situación económica estamos a espera dos resultados dos infrormes dos técnicos do concello xa que, segundo se desprende das información emitidas neste pleno, pode ser que estea comprometido chegar  ben a fin de ano.

Para rematar queremos facer constar a queixa que efectuamos debido a que o PSOE publicita na imprensa os acordos que se van tomar antes de terense celebrado o pleno.

Isto pon de manifesto unha actuación pouco respectuosa con o bon funcionamento democrático da institución municipal. Aínda que a mayoría absoluta do PSOE conleve intuir que se van aprobar, a información do resultado do mesmo non se debe dar á imprensa antes de que este se realice pois pon de manifesto ante as/os cidadáns unha postura de prepotencia que agardamos non sexa a tónica deste goberno.