MULTIPLICA POR 2 O DIÑEIRO DESTIÑADO Ó GOBERNO MUNICIPAL

O ALCALDE OCULTA O SEU SOLDO Á CIDADANÍA

Aumento do gasto en soldos
Aumento do gasto en soldos

O traballo político debe ser pagado, e ben pagado (como calquera outro traballo), mais o concello non debe ser unha oficina de contratación.

Ocultismo. As palabras textuais do actual alcalde da vila, Bernardo Fernández: “A transparencia é secundaria” definen claramente as súa forma de gobernar.  O alcalde negouse a facilitar cales ían ser o soldos do propio alcalde e do tenente  alcalde.

 

O ALCALDE OCULTA O SEU SOLDO Á CIDADANÍA

O POLÍTICOS DEBEN COBRAR: SI

O traballo político no concello como en calquera outro traballo da sociedade debe ser ben pagado atendendo entre outros a criterios como: tipo de traballo, dedicación horaria, formación necesaria, experiencia adquirida.... E reiteramos que o traballo político debe ser pagado, e ben pagado (como calquera outro traballo).

Concordamos que é unha consquista social. É imprescindible que os cargos públicos cobren polo seu traballo, aínda máis o seu salario debe ser digno e dacordo ás circunstancias: salarios medios da poboación, tamaño do concello, dedicación exclusiva.

 

A TRANSPARENCIA É COMPATIBLE COA OPERATIVIDADE : SI

Pero o PSOE de Pontedeume non está polo labor. As palabras textuais do actual alcalde da vila, Bernardo Fernández: “A transparencia é secundaria” definen claramente as súa forma de gobernar.  O alcalde negouse a facilitar cales ían ser o soldos do propio alcalde e do tenente  alcalde.

 

O CONCELLO DEBE SER UNHA OFICINA DE CONTRATACIÓN : NON

Afirmamos que SI É RELEVANTE o cambio nas dedicacións:

ANTES DO PLENO: 3 dedicacións exclusivas

DESPOIS DO PLENO: 3 dedicacións exclusivas + 2 dedicacións parciais ( ¿¿¿  + o alcalde e o tenente alcalde que se descoñece,  porque non se informou no pleno ??? )

 

Afirmamos que SI É RELEVANTE que os soldos das dedicacións (exclusivas + parciais) pasaran de:

ANTES DO PLENO: 66.823 euros

DESPOIS DO PLENO: 119.070 euros

 

DEDICACIÓN DO ALCALDE AO CONCELLO, DEDICACIÓN EXCLUSIVA:  SI

O alcalde debería ter unha dedicación exclusiva ao concello, sempre que  llo permitan a súa profesión.

Un alcalde con soldo, dedicación e transparencia coa cidadanía:

a) o soldo ata o día do pleno si era público, e era para a súa dedicación exclusiva era de 27.384 euros brutos anuais, pero no pleno non quixo dicir cal ía ser o seu soldo despois de ser repreguntado varias veces;

b) o alcalde limitouse a dicir que "non ía cobrar do concello". O que no noso entender significa que: si vai cobrar, pero evita dicir á cidadanía canto vai ser o seu soldo; que si vai cobrar, pero o pleno do concello de Pontedeume descoñece que empresa/organismo lle vai pagar (aínda que podemos intuílo)

 

Tamén afirmamos que SI É RELEVANTE que o alcalde NON COBRE UNHA DEDICACIÓN EXCLUSIVA DO CONCELLO.  Para nós, SI que é necesaria esa dedicación (sempre que  llo permita a súa profesión),  a dedicación do alcalde garantiría:

a) que se dedicara en exclusiva ao noso concello

b) que se deberá única e exclusivamente a quen lle paga o seu soldo, é dicir, o concello de Pontedeume.

 

En resumo:

 

  • O soldos do goberno aumentáronse case o dobre
  • Pasouse de 3 dedicacións a 5 dedicacións
  • No 2018 3 dedicacións exclusivas; no 2019  3 dedicacións exclusivas e 2 dedicacións parciais.
  • Neste incremento: NON ESTÁN INCLUÍDOS OS SOLDOS NIN DO ALCALDE NIN DO TENENTE ALCALDE.