Solicitamos introducir o termo Feminicidio e desenvolver o Estatuto de Victima de Feminicidio.

Solicitamos introducir o termo Feminicidio e desenvolver o Estatuto de Victima de Feminicidio.

O BNG-AA de Pontedeume ven de rexistrar no Concello, para debate no pleno deste 29 de outubro, unha moción Feminicidiosolicitando o traslado ao goberno do Estado da necesidade de modificar a Lei Orgánica 1/2004, de 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero, introducindo o termo Feminicidio e iniciar os traballos para desenvolver o Estatuto de Vítima de Feminicidio. Así mesmo, na citada modificación a acreditar a situación de violencia machista, recollendo certificación da orde de protección ou da medida cautelar, ou documento acreditativo da propia orde de protección ou da medida cautelar; sentenza de calquera orde xurisdicional que declare que a muller sufriu violencia en calquera das modalidades definidas nesta lei. Tamén a certificación ou informe dos servizos sanitarios e/ou sanitarios e certificación dos servizos de acollida da Xunta de Galicia. Informe da Inspección de Traballo e da Seguridade Social e calquera outra que se estableza regulamentariamente. Solicitando, aliás, a iniciar os traballos para modificar da  Lei galega 11/2007, do 27 de xullo, para a prevención e tratamento integral da violencia de xénero para incorporar a regulación do Feminicidio e o estatuto de protección das vítimas do feminicidio. E finalmente, instar á Xunta de Galicia a mellorar os servizos de atención psicolóxica, información, inserción laboral recollidos na Lei galega 11/2007, do 27 de xullo, para a prevención e tratamento integral da violencia de xénero e garantir que o servizo 016 de atención as mulleres estará operativo e con medios reais durante todos os días do ano as 24 horas do día.

 A violencia machista é un dos problemas máis graves que ten que enfrontar a nosa sociedade. Nas últimas décadas, a violencia contra as mulleres ten deixado de ser un asunto invisíbel grazas ao constante e incansábel traballo dos movementos de mulleres.

A loita contra a violencia de xénero debe ser unha prioridade política para todos os espazos da actividade política e froito do traballo para que isto así sexa están vixentes a Lei Orgánica 1/2014, do 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero e  Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e tratamento integral da violencia de xénero. Despois de anos de aplicación, insuficiente en moitos casos por limitación de recursos e orzamentos, a violencia machista segue presente na nosa sociedade. Por iso, cómpre avanzar e darmos pasos adiante que melloren os marcos legais e realizar un labor preventivo e educativo maior.

Ante a gravidade do problema consideramos fundamental a inclusión do Feminicidio como forma de terror propia que sofren as mulleres e que serva de base para a elaboración dun Estatuto de vítima de Feminicidio. Doutra banda, a resposta fundamentalmente penal diante deste problema tense demostrado como insuficiente, polo que é preciso avanzar no apoio económico, psicolóxico e social así como na prevención.Corresponde á Administración local, por ser a institución máis próxima á veciñanza converterse nunha referencia para o combate deste problema e presionar para que se avance no recoñecemento das realidades de violencia machista e na súa prevención.